sábado, 4 de xuño de 2016

Inscripción e normas concurso Fotografía ManuelAvon

Este é un proxecto de campaña promocional de distribuidora de zoa Avon responsabilidade de Manuel Freiría. Nin Avon nin Facebook teñen nada que ver nin directa nin indirectamente co concurso, alén da coincidencia de marcas.
1.- Pode participar no concurso calquera persoa aportando imaxes relacionadas cos productos Avon e seu uso diario en calqueira das súas variedades: Cosmética, cremas, solar, bisutería, colores, espumas, geles, champúes, aceites e calqueira outra variedade incluidas no catálogo actual de Avon.

2.- Será gañadora do concurso a imaxe que reciba mais likes.
3.- En caso de empate farase unha enquisa entre as participantes do evento para que voten pola imaxe gañadora.
3.- A fotografía gañadora recibirá un lote de productos Avon igual ó que se ve na imaxe.


4.-Para optar ó premio compre estar rexistrada como participante.



4.- O premio entregarase previa cita en horario de mañán na Avd Ramiro Pascual 89. Moi perto do Cunqueiro.

Sorte e grazas por participar.

venres, 25 de setembro de 2015

Os perfiles do Facebook

Os perfiles no Facebook.

Para instalación e primeiros pasos, suxerimosvos o manual de Fabrizio Ferry: Facebook primeros pasos, onde fai un seguemento paso a paso de todo o relativo o proceso de rexistro.

O primeiro que debemos ter en conta é que un perfil debe representar a unha persoa, nunca a unha institución, organización ou comercio. 
En moitos casos, persoas utilizan perfiles desta rede Social para difundir seus negocios ou organizacións, e moitas veces non pasa nada; pero tamén coñezo casos de perfiles que foron inhabilitados por vulnerar as políticas que implicitamente aceptamos. 

Polo tanto, si desexamos usar un perfil para difundir noso negocio ou organización, debe corresponderse con unha persoa., ¿Cómo? Sencillo, por exemplo, Carlos de XZY, ou ben Verónica, Directora/Xerente  en ZYX!!



condiciones perfiles facebook


Unha vez aclarados estes terminos, imos configurar noso perfil persoal (imprescindible, por outra parte para poder xestionar unha páxina de negocios).

Cómo cambiar o idioma do facebook:


idioma facebook

luns, 16 de febreiro de 2015

¿Son eficaces túas campañas en Facebook?

Non todos os negocios están dispostos a realizar unha campaña pagada en Facebook, a pesar de ser un dos medios de publicidade mais económicos que podemos atopar. 
A pesar de iso, tanto a través das Fan Page (páxinas de empresa) como mediante os grupos de Facebook, moitisimos negocios plantexan súas ofertas a unha audiencia que acada a 8 de cada 10 internautas, ben acheguense ás Redes Sociais a traverso dos dispositivos portables ou dos clasicos PC de sobremesa.

Ainda que non exista coste económico, unha promoción no Facebook implica costes en tempo, materiais e esforzo; e por elo, compre indagar para chegar a conclusións que permitan mellorar campañas futuras ou ben validar a nosa forma de proceder.

¿Cómo avaliar o impacto das  publicacións de negocios/organizacións no Facebook?

Sobre métricas e KPIs


As métricas ou medidas, veñen sendo "a analise cualitativa e cuantitativa de datos obtidos no teu sitio -ou nos sitios da competencia- co fin de mellorar de forma contínua a experiencia das clientas e o rendemento global dos teus sitios"

Os KPIs (Key Performance Indicator, - Indicadores chaves de Actividade-) son tamén métricas, mais os KPIs son as métricas que nos indican que somos quen de acadar os obxectivos planeados.

En función de esta definición, vemos que compre elaborar unha planificación das campañas, xa que somentes así podemos seren quen de realizar avaliación do proceso.


Modelo_de_Proceso_(Xestión_de_avaliación de KPIs)


¿Cais son (poden ser) os Indicadores de Funcionamento Chave da nosa máquinaria publicitaria do Facebook.... ? De seguro que diferentes dos que corresponden con outras redes sociais, pero sobre todo, os que ti consideres mais interesantes... A saber:

  • "Gostos" da túa páxina. Totais e evolución no tempo.
  • Alcance das publicacións.
  • Comentarios nos contidos publicados.
  • Veces que partillouse o teu contido.
  • Clicks nos enlaces e fotos.
  • Persoas falando da Páxina.
  • Perfil das persoas acadadas.

Um momento.... Non me digas que estás promocionando teu negocio dende un perfil persoal.... Si é o teu caso, debes saber que estás a perderte grandes posibilidades de analise. Mira como crear unha Fan Page no Facebook << Click
Anoto que túa páxina ten que ter cando menos 30 "me gusta" para que poidas ver as estatísticas.

Indicador Chave Compromiso da Audiencia

Este indicador non solo nos sirve para observar a evolución da percepción das nosas seguidoras, senon tamén para saber ...
  • cales son os contidos que resultan mais atractivo.
  • cales son as mellores horas de publicación.
Para elo escollemos unha anaco de tempo dado (mes, semana...) miramos o alcance, contamos as interaccións (me gusta+comentarios+clicks na publicación+compatidas) e aplicamos a fórmula precedente.

A ventaxa de este sistema é que podemos ir gardando os datos para observar cal é a evolución no tempo, e si as melloras que aplicamos surten realmente efecto sobre a audiencia.  Se preferimos un sistema un pouco mais a "macheta", abondaranos con desplazarnos na páxina de estatísticas para atopar un detalle de cada post publicado que dará unha idea mais que aproximada da eficacia de cada publicación.

estatísticas Facebook, analise facebook


Outros datos de interese:

Hai moitas outras métricas que podemos medir, todo dependerá dos teus intereses, pero posiblemente resultenche de interés coñecer:
  • Horarios e días óptimos para publicar e  onde nosas publicacións teñen mellor aceptación (mais comentarios ou , gostos ).
  • Viralidade das publicacións (compartidas).
  • Procedencia xeográfica das nosas seguidoras.
  • Sexo e edade da audiencia.

seguidoras facebook, estatisticas facebook

Desexo insistir na necesidade de alinear a edade e sexo da audiencia cos intereses do teu negocio, emprendemento ou asociación. De ben pouco vale incrementar a cantidade de seguidores se non coinciden cos teus intereses.


E facer iso con Facebook é doado... mira cómo....

targeting facebook


Rematando: Podemos resumir as fases para unha boa campaña nas Redes Sociais (e súa posterior analítica) en:
Definir os obxectivos desexados.
  • Seleccionar os Indicadores chave adecuados.
  • Execución da campaña.
  • Medir os resultados.
  • Analise dos datos.
  • Implementación de melloras.
  • Reinicio de ciclo.

E ti ¿cómo avalías a evolución das túas campañas nas Redes Sociais?


¿Queres saber mais? Contactame


Licencia Creative Commons ¿Son eficaces túas campañas en Facebook? por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Webgrafía:

Métricas de usabilidad web. J.M. Cueva Lovelle

mércores, 19 de novembro de 2014

10 Ventaxas de unha páxina Vs Perfil en Facebook

Moitas empresas e negocios cometen o erro de crear un peril persoal en Facebook co nome do seu negocio ou empresa (ben sexa directamente para promocionar súa empresa como  para administrar a súa Fan-Page.)

Según as normas do Facebook o correcto é empregar unha Fan-Page ou páxina de Empresa para promocionar un negocio, mentras que os perfís están reservados exclusivamente a amosar persoas.


Amén  da prohibición expresa do Facebook. vouvos dar 10 razóns polas cais debedes desistir de xestionar o voso negocio de cercanía ou Comercio de Barrio dende unha páxina persoal.

Si ainda non tes, este enlace leva ás instruccións para crear a FanPage do teu negocio.

condicións facebook, termos facebook
Normas e condicións da aplicación Facebook para perfís persoais.

1.- Un perfil en Facebook representando unha marca comercial en calqueira intre pode ser eliminado. Facebook autoriza ás empresas e negocios a usar as Fan-Pages ou pàxinas de seguidoras e non os perfís persoais. Si nun momento dado Facebook decide revocar teu perfil perderías todo o esforzo adicado a difusión do mesmo.
Ademais podes esquecerte de reclamar, xa que si estás actuando así sabes que estás a vulnerar os acordos de licenza.

luns, 19 de maio de 2014

O Facebook e as fotografías

Usos fotografías facebook
Fotografías no Facebook. Un recurso pouco explotado.

Existen plataformas específicas para traballar con imaxes, como poden ser Instagram ou Pinterest, mais neste post imos a centrarnos na parte mais visual do Facebook, a relacionada coas fotografías, cos catálogos.
O novo diseño de Facebook (sempre e diseño novo porque non paran quietos...) dalle mais preponderancia ó visual, xa que se considera que as imaxes proporcionan moito mais compromiso e chaman mais a atención das usuarias.

As imaxes son moito mais fáciles de dixerir, teñen unha capacidade de comunicación inmediata da que non dispón o texto. A capacidade emocional de unha imaxe é inngable, e ainda que un texto tamén pode producir emocións, compre saber escribir.... e que lean teu texto !!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...