martes, 18 de marzo de 2014

As Ads de Facebook

A pesar de que existen unha chea de redes sociais, Facebook sigue (2014_03) a ser a rede mais utilizada no planeta,e tamén a que abrangue a mais latinofalantes en xeral.
A concordancia lingüistica afín permite ósmose antre as diversas lingoas, galego, francés, catalá, corso, italiano, portugues ...de diversos conceptos. Rexido todo isto polo principio da causalidade e mais da teoría dos seis grados (¿3.7?)

Non podemos pasar por alto a rede social mais importante actualmente, e non aproveitar as posibilidades que nos da de balde, e amén da cuestión idiomática, si noso producto é tanxible, terá unha cabida e difusión notable mediante o sistema de imaxes.

Alén de esta difusión, que se chama orgánica, existe a posibilidade de pagar a difusión das  novas no FaceBook para que cheguen a mais xente.
A inversión adaptase os teus petos, e ti decides ante quen facer a campaña.(Sexo, edade, localización, estudios...)

Estas razóns fan que algúns creamos que é unha boa idea invertir en facer publicidade no Facebook, pero, antes de meterte en fariña, compre que valores unha serie de cuestións que consideranse normalmente básicas.

Non fagas nada ata que teñas claros cales son teus obxectivos.

Normalmente, coa publicidade na plataforma quereremos medrar o número de fans, ou dar a coñecer a marca no Face, e tamén ter maior número de "conversacións", pero o que realmente necesitamos, para que o noso tempo non sexa tempo perdido, é aumentar o número de ventas global, e en particular o da canle á cal estamoslle adicando tempo.
Un posterior analise de tempos relacionados con igresos obtidos, definirán a valía da opción.

Unha vez que te poñas, entrena na creación de  varios anuncios e autoavalía os resultados, pensa en como facerllo chegar ó teu público, como pode ser para que sexa atractivo, para que as persoas o compartan e o difundan. 

seguir páxinas de facebook
Mentras non teñas esta chave, todo o terás que facer a toque de billeteira, e iso, ó final, non é rentable.

Si atopaste un pouco peixe con isto da creación de anuncios, e en cal é a mellor maneira de dinamizar unha Fan Page, podes seguir a outras páxinas similares á túa, ou da túa competencia directa, (ata 5), e  ver os resultados que van acadando e función da sua actividade. Atoparás un sitio para elo no centro do panel de Control da túa Fan Page en canto superes o centenar de seguidoras.

Nos teus entrenos, se creativo, aloucado e breve. Plantexate ata o imposible, e garda todas e cada unha das ideas que foches xenerando. Podes ter a semente mais adiante para unha boa colleita.

Pensa tamén nos teus entrenos en que lle vas a pedir que faga por ti a audiencia. Neste medio onde nos movemos, non está considerado moi elegante pedir cartos de boas a primeiras, pero non está mal visto pedir compartir un estado ou unha foto, ou solicitar a visita (xustificada) a unha páxina web.

Unha forma económica e mooi nutritiva de testar o comportamento da audiencia, é facer un concurso na túa Fan Page.

É de supoñer que xa sabes a quen te estás dirixindo; cal é o teu público, o cal, tras os analises de Páxinas de Facebook , coñecerás cando menos por riba.

Xa postas a entrenar, e cos conceptos tan claros, igual é cousa de que baixemos a area e vexamos que pasa cando prememos en aquelo de "Anunciarse".

Primeiro miremos as instruccións do "fabricante" .


anuncios facebook

Imos pois a poñer o noso primeiro anuncio pagado no Facebook. (Click)

Por si non o tiñamos pensado previamente, o primeiro que debemos decidir é cal dos nosos contidos queremos promocionar.


Temos que escoller entre unha de oito, ou repartir o noso capital para invertir en publicidade entre varias das posibilidades:

Promocionar un post, pedir likes para a páxina, enviar a un sitio externo, solicitar instalacións e uso de aplicacións, pedir respostas a eventos e atención a ofertas.

Por descarte, e quedar fora do ámeto deste taller non imos usar as pestanas de promoción de aplicacións, así como a ferramenta de conversión dos Websites. 

Sigamos entón co noso proceso de pensamento publicitario.

Promocionar un post.

Existe un post que según as estatísticas destaque e que poida ser promocionado?
Iso sabemolo indo a pestana de impresións e mirando cales son os posts que mais están chamando a atención das persoas seguidoras e actuar en consecuencia.
As analíticas de Facebook, detallan ademais da difusión o tipo de actualización d que se trata.En canto algún dos posts destaque en audiencia, serache sinalado cando estéas diante da páxina como administradora.(arriba_esquerda)


estatísticas facebook

Xa utilizamos todos os medios de difusión necesarios pero os likes non nos chegan?
Temos ben montado e estructurado un evento e desexamos promocionalo?
Xa temos clara a nosa oferta e desexamos que chegue o fin do mundo?

¿Por cal debemos decidirnos? Sin dúbida, por aqueles que conseguiron mais likes e compartidas, así como aqueles que proporcionaronche mais interacción das usuarias.

Conseguir mais "likes" para a túa páxina.

Si escolles esta opción, a plataforma permitirache subir ata seis imaxes alternativas para o teu proceso publicitario, e que logo poidas avaliar cal de elas dache mellores resultados ou acada maior alcance.
En ese menú decidirás en que lugares da páxina queres que apareza teu anuncio (barra dereita, nos feeds de novas, nos dispositivos móbiles), e onde queres que sexan dirixidas as persoas  que pinchen no anuncio.
¿Aplicache xa as técnicas básicas de dinamización de Fan Pages?

Tamén podes ler 16 tips para aumentar teus fans en facebook, antes de gastar cartos.

publicitar páxina para likes

Invitar a audiencia a visitar un sitio ou web externo.

Por exemplo, nosa tenda, a nosa nova páxina web, o escaparate virtual, á páxina de reservas.... Neste exemplo, invitamos a mercar un adubo ecolóxico inventado.
O igual que no caso anterior, podemos escoller seis imaxes para subir e complementar con texto e que se poidan seguir os resultados dos impactos.

promocionar sitio web externo en Facebook

Promocionar un evento.

Os anuncios de eventos, están destiñados á aparecer na columna dereita do noso time-line, pero non debemos embarcarnos en promocionar eventos de pago no Facebook mentras non teñamos machacadas as posiblidades dos eventos como tales, e logo de ter probado os metodos mais tradicionais de difusión, como o boca orella ou os posts virales

promocionar eventos en Facebook

Promoción de ofertas:

Evidentemente, antes de promocionar unha oferta deberás creala. Dependendo da configuración que lle deras á tua páxina, terás acceso a esta opción ou non (comercio local, etc).
Por defecto a creación de ofertas é de pago. A ferramenta de promoción de ofertas, será pois utilizada para dinamizar aquelas ofertas que fixemos que nos deron mellores resultados.

promocionar ofertas facebook

Selección do Alcance da Promoción:

Como deciamos inicialmente, a maioría dos elementos promocionais permitenos escoller un orzamento diario durante un tempo determiñado, ou un gasto total, e deixa que os anuncios vaian dirixidos hacia os segmentos de público que ti consideres máis interesantes.

selección de alcance de promoción

¿Estás preparada xa para poñer o teu primeiro anuncio no Facebook?
¡ Comentanos como foi a tua experiencia cos Ads de Facebok.

Webteca:



 
Licencia Creative Commons As Ads de Facebook  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...