venres, 25 de setembro de 2015

Os perfiles do Facebook

Os perfiles no Facebook.

Para instalación e primeiros pasos, suxerimosvos o manual de Fabrizio Ferry: Facebook primeros pasos, onde fai un seguemento paso a paso de todo o relativo o proceso de rexistro.

O primeiro que debemos ter en conta é que un perfil debe representar a unha persoa, nunca a unha institución, organización ou comercio. 
En moitos casos, persoas utilizan perfiles desta rede Social para difundir seus negocios ou organizacións, e moitas veces non pasa nada; pero tamén coñezo casos de perfiles que foron inhabilitados por vulnerar as políticas que implicitamente aceptamos. 

Polo tanto, si desexamos usar un perfil para difundir noso negocio ou organización, debe corresponderse con unha persoa., ¿Cómo? Sencillo, por exemplo, Carlos de XZY, ou ben Verónica, Directora/Xerente  en ZYX!!



condiciones perfiles facebook


Unha vez aclarados estes terminos, imos configurar noso perfil persoal (imprescindible, por outra parte para poder xestionar unha páxina de negocios).

Cómo cambiar o idioma do facebook:


idioma facebook

Unha vistada ó Muro e mais o Taboeiro de Novedades do Facebook.


timeline facebook

O lado esquerdo da imaxe correspondese coa estructura do "Muro", o dibuxo que de nos pode ver outra usuaria. No lado dereito tedes o panel de novedades. Como vedes está composto por un panel principal, onde se amosan historias da xente mais achegada, un panel de novedades secundario, e diversas seccións onde accededes a xestión de grupos, páxinas e aplicacións.

Os axustes de Seguridade no Facebook.


perfil de facebook

Os axustes de Seguridade permiten ter control da nosa conta, coñecer si se accede a ela dende dispositivos alleos, definir persoas que poidan axudarte a recuperar a conta no caso de que alguén cha roube, etc. En definitiva é o control da chave da tua porta o Facebook.

Os axustes de Privacidade no Facebook.


perfil de facebook

Con eles podemos limitar as persoas que poden ver a nosa actividade.
Podes aproveitar que andas por aquí para editar a pestana Cronoloxía e etiquetado, que te deixa definir quen pode publicarno teu valado e quen pode ver ditas publicacións, así como definir quen e de que xeito pode etiquetarte en fotografías.
Co tempo cicais sintas que algúmha usuaria e demasiado insistente, ou atopas algunha persoa maleducada que te ofende. Para desfacerte de esas persoas e que non te volvan a molestar na rede social, está a pestana bloqueos.

Cando queremos publicar para somente determiñado grupo de persoas, poderemos personalizar con quen partillamos as nosas novas. Velaiquí:

perfil de facebook

Unha cuestión debes ter clara. Por moita privacidade que poñas no sistema, ninguén vai poder protexerte de ti mesmo.


A creación de listas de amizades no Facebook .


perfil de facebookPara elo, debemos crear listas de amizades seguindo algún  criterio de afinidade... (amantes dos gatos, compañeiros da banda de música ...) Procedamos: Debemos ir ó taboeiro da "amizade" que queiramos incorporar a lista e incluimola nela.
A partires de ese intre, esa persoa verá todo aquelo que publiques para esa lista, sin embargo non poderá ver o que publiques en outras listas.

Dende o punto de vista da tenda ou da ONG, esta posibilidade permitenos xenerar grupos de traballo, ou grupos de consumidoras por intereses e anacos temáticos. (Por ex. para non bombardear a todos nosas clientas, publicamos no grupo "Fiesta", ou no "Kangoo" en función do interese da noticia.

A Xestión das Notificacións no Facebook


avisos facebook

Se non queremos ver como o noso enderezo electrónico enchese de notificacións, ou como aparecen centos de comunicacións no apartado de novas do noso perfil de Facebook, debemos editar a pestana de avisos, especialmente no referido as notificacións por correo electrónico.
Para realizar os axustes ainda se vota unha mijalla, pero o buzón do voso correo vaivolo agradecer. Deixade activadas somente aquelas notificacións que creades realmente interesantes.

Nota de interese:
Cada persoa que se rexistra no Facebook ten unha conta con uns datos de acceso. Cada conta pode ter unha biografía persoal e xestionar distintas páxinas.
As biografías persoais son exclusivamente para uso persoal e non comercial; representan a persoas e deben ter o nome de unha persoa.
Si usas o teu perfil para actividades comerciais, ou su nome non se corresponde co de unha persoa, correse o risco de que se perdan todos os teus datos  e teñas que partir de cero con unha conta nova.
Termos de uso do Facebook. (A versión inglesa-USA ten prioridade ante calqueira traducción)


Fixate na captura de abaixo: ¿Que nomes de usuario crees que cumplen ou non as normas do facebook?


Perfiles facebook

¿Como convertir un Perfil Persoal nunha Páxina de Facebook?

Si te trabucaches e creaches un Perfil de Facebook en vez de unha Páxina, podes cambiar convertir o Perfil nunha Fan Page dende este enderezo web.

Mediante este cambio, transfirense túa foto de perfil actual, e engadense todas as tuas amigas e seguidoras en persoas ás que "lle gusta" a túa páxina.

O nome de usuario da túa conta, tamén será o nome de usuaria da tua páxina, e o nome asociado coa tua conta persoal tamén será o nome da páxina.

Non se transferirá ningún outro contido a tua nova páxina, polo tanto, debes encargarte de gardar a información que poida ser importante antes de convertir a conta.

Podes, por exemplo, descargar tua información, como toda-las mensaxes enviadas e recibidas, e todas as fotos e videos que subiras o Facebook.


privacidade facebook

Para elo vai a Páxina de axustes, e fai click no enlace "Descarga unha copia dos teus datos do Facebook".
Si tes interés en coñecer que datos recibirás, visualiza este enlace... e sorprendete.

Debes ter en conta que as Páxinas non poden administrar grupos, polo que si eres administradora de algún, debes nomear primeiro administradores alternativos para que esta non desapareza. Non poderás administrar ningún grupo despois de que empece a conversión.

Unha vez creada a Páxina, poderás xestionala dende un perfil persoal ou  ben engadir administradoras á mesma.

Exercicios proposto para este post:
  • Troca a lingua do teu perfil a unha diferente da que tes agora mesmo. 
¿Quedou atrás algo que quixeras entender? Pregunta nos comentarios do post ou no grupo e resolveremos tuas dúbidas.

Para saber mais da xestión das redes sociais para teu comercio:

Non esquezas ver o material complementario: Guía: Teu comercio un pouco mais Social, editado polo Consello Superior de Cámaras de Comercio.

Exercicio Práctico:

Proponse comentar respecto as portadas que atoparedes neste enlace. :

¿Cales creedes que infrinxen as políticas de Facebook?
¿Cales de elas considerades que son aceptables?





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Os perfiles do Facebook por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...