domingo, 3 de novembro de 2013

Os grupos no Facebook

grupos facebook

Os grupos do Facebook 

Os grupos proporcionan un espazo pechado para que persoas con intereses compartidos poidan comunicarse.
Calqueira persoa pode crear un grupo.

As características a sinalar dos grupos son, respecto a:

Privacidade: Hay varias posibilidades de privacidade. Os grupos secretos non aparecen nos resultados de búsqueda, e as publicacións tanto dos grupos segredos como pechados son accesibles somente para suas membras.

Público: Os membros de un grupo deben ser aprobados ou engadidos por outras persoas do grupo. Os grupos mais útiles solen ser os que se crean con un pequeno número de persoas coñecidas.

Comunicación: Nos grupos, os membros reciben notificacións de forma predetermiñada cando algún membro publica unha entrada.
Os membros do grupo poden participar en chats, subir fotos ós albums compartidos, colaborar en documentos do grupo e invitar a todas as membras a eventos do grupo.

O número máximo de grupos nos que pode estar incluida unha persoa é de 6000. Para poder incluirse en outros grupos ten que abandonar previamente algún. 


Creando un grupo en Facebook.

Para crear un grupo somentes imos a grupos, crear novo grupo.

privacidade grupos facebook
Damoslle o nome que consideremos e invitamos as persoas que queiramos.

A hora de escoller a política de privacidade todo vai depender da nosa intención e do fin do grupo en si mesmo.

A saber:

Aberto: Calqueira persoa pode ver o grupo, quen está nel e o que as membras publiquen.

Pechado: Calquera pode ver o grupo e quen esta nel. Somente as membras poden ver as publicacións.

Segredo: So os membros poden ver quen está no grupo e o que se publica nel.

Logo, para axudar a identificación visual do grupo entre os que participemos, podemos escoller unha ícona que no lo faga mais doado de atopar.

Mais tarde podemos voltar ó menu de configuración e modificar os axustes que fixemos en primeira instancia.

Axustes do grupo facebook

Creando eventos nun grupo de Facebook:

eventos facebook grupos
Unete se desexas ó  grupo Aprendermos Facebook.
Os eventos (a sistemática é similar nos perfiles, nos grupos e nas páxinas) nos permiten publicitar un acto do tipo que sexa e transmitilo a todas as persoas do grupo, e que estas inviten a outras persoas a participar.
A audiencia mínima de un evento xenerado para un grupo será a dos membros incorporados a el.
Para xerar un evento... accedemos a pestana eventos no menú superior.

Podese escoller a privacidade do acto. Ou ben facemolo público (calqueira pode atopalo nas buscas), crealo solo con invitación ou ben permitir que tamén se traslade ós amigos dos amigos.

A definición de privacidade da convocatoria a decidirá cada quen en función das características do grupo.

A obvia ventaxa da creación dos eventos é poder comunicar a un gran número de persoas a un tempo a existencia de un acto. Por outra banda os grupos de facebook permiten unha interacción anterior e posterior das usuarias dentro do taboeiro do evento.

Calqueira usuaria pode invitar a membros a un evento en grupos de ata 250 usuarias. A partires de esta cantidade somente as administradoras poden invitar a todas.

eventos facebook grupos


Compre reseñar que o evento non debe ser emitido e deixar que quede por ahí dando voltas esperando a que persoas digan si ou non. Compre ir notificando as previsións de asistencia, aportando datos dos ponentes ou productos, e tras rematar non debemos esquecer aportar documentación gráfica, videos, fotografías dos asistentes, notas emitidas pola prensa... todo aquelo que faga que se complete a información relacionada co acto. 

Chat de Grupo.

grupos facebook
Dependendo da cantidade de persoas que estean anotadas no teu grupo, podes enviar unha mensaxe a cada unha das persoas integrantes ó mesmo tempo.

Resulta unha ferramenta moi interesante, si non pecamos de pesadas, para facer chamadas de atención para campañas cronquetas. O abuso desta ferramenta fará que o personal nos mante ó carallo para non aturarnos, polo que acudiremos a máxima de que o miudo é fermoso, e que mais vale pecar por defecto que por excesos ...  que por algo temos solo unha boca para falar, e duas orellas para escoitar.



Para enviar correo masivo (de ser necesario) acudide o menú mais que está a beira de avisos, clikade en enviar mensaxe e seleccionade as persoas coas que desexades conversar. Se o tema é suficientemente importante, escolle a opción seleccionar todas para chegar a todas as persoas do grupo.
Escribes teus contidos e envías e listo.

A opción da mensaxe a grupo desaparece en canto este acada determiñado volume de persoas. ¿250? Non teño datos para decir o número máximo, pero sexa a cantidade que sexa, se cauta e non aburras a xente cos teus recados.
¡Nin eiquí nin en outra rede algunha... fagas spam!
(1)  Edición previa

Creando enquisas no noso grupo de FaceBook .

Enquisas en grupos facebook
Para xenerar unha enquisa non temos mais que facer click enriba de "Facer unha pregunta" no menú de estado.

As preguntas  e enquisas solo poden ser respostadas polas membras do grupo.

Os motivos para crear enquisas no noso grupo de FaceBook poden ser variados:

.-  Interactuar coas usuarias.
.-  Coñocer o parecer da audiencia.
.- Programar contidos en función dos intereses das persoas membras.
.- Predecir o comportamento das nosas seguidoras.
.-  Activar o proceso de xeneración de opinión.
.- Xerar debate.
.- Avaliara a calidade de un proceso de "venta".
.- Facer un seguimento post-venta.
.- Definir prioridades...

¿Para qué incluirías ti unha enquisa nun grupo en Facebook? 
¡¡¡ Contanolo nos comentarios.!!!

Lamentablemente as enquisas que se realizan mediante este procedemento chegan exclusivamente ás persoas as que van dirixidas (non se pode facer por tramos de audiencia -sexo, edade, condición social-), pero ainda así poden darnos respostas xenéricas a cuestións importantes na xestión dos nosos respectivos eidos.  

Os documentos nos grupos de Facebook.

Os documentos permiten que as persoas do grupo colaboren na redacción e edición dos contidos.
Similar a unha wiki, todas as membras poden velos e editalos.


Para crear un documento de grupo:

Click na pestana Arquivos da barra de pestanas.
Click en crear un documento.
Introduce o contido que queres partillar.(Se ademais queres engadir formato, usa as ferramentas que atopanse na parte superior da páxina.
Click en gardar para publicar o documento.


Para modificar un documento de grupo:


Click na pestana Arquivos da barra de pestanas.
Click no documento que se quere modificar ou editar.
Click no botón modificar da parte superior dereita.



A xestión de Fotografías nos grupos de Facebook.

Xestion de fotografías e albunes nos grupos de facebook

En canto escollades a opción subir unha fotografía, aparecerános a posibilidade de crear un álbum.
Os ábunes nos permiten agrupar os nosos pictogramas por temáticas, datas etc. 

Unha boa colección de fotografías debe ter algún tipo de orde que deixe ás usuarias centrarse en aquelo que mais lle interese. 
Evidentemente a cuestión do orde é moi relativa. Depende dos intereses de cada unha e do eido no que cada quen se mova.
(Podense crear álbunes de productos, actos, facer un "paso a paso", amosar traballos realizados...

 

O traballo colaborativo nos grupos de FaceBook

administradores facebook grupos
En ocasións é tedioso que unha persoa leve todo o peso de un grupo, sobre todo si na organización existen varios deles e compre prestarlle unha atención cotián.
Os grupos poden ser administrados por varias persoas, ainda que os "posts" aparecerán sempre nominalizados por quen os fixo.

Todas as administradoras nos grupos teñen as mesmas capacidades no grupo:
Engadir e eliminar usuarias e editar os axustes.

Cabe decir a maiores que os grupos non teñen ferramentas para facer xestión das usuarias nin separalas por sexo, edade, ubicación xeográfica etc.

Poñendo bonito noso grupo de Facebook.

As opcións de personalización dos grupos éche ben escasa.
Si vas a parte superior dereita do escritorio, onde están as fotos das membras, aparecerache un iconiño para subir foto. Unha vez a teñas subida o menú trocará a borrar/cambiar foto.

Portada facebook grupos


PS: A primeira edición de este artigo foi editada polo Samaín do 2013.

As persoas que se inscriban no grupo de Facebook, realizarán, con privilexios de administradora todas as accións descritas neste post.

Publicar nun grupo de Facebook:


Os grupos están destiñados exclusivamente ó uso por persoas, polo cal, as Fan Pages  non poden formar parte deles. (Obvio)

Compre fartarse a repetir que non é adecuado que un perfil non debe representar a un negocio, organización ou evento ... a primeira razón é porque Facebook o considera unha práctica inadecuada (o cal fainos perder puntos), calqueira día podente borrar por vulnerar as políticas de publicación (leer apartado 4 políticas Facebook 2014/09) e sobre todo porque dende un perfil persoal non existe acceso as ferramentas de analise dispoñibles utilizando as Páxinas de fans

Partillar os contidos da Fan Page nun grupo, ademais está chupaoooo...  ¿Por qué non o fas? 


grupos de facebook


¿Queres recibir mais info de como xestionar a páxina do teu negocio ou organización  no Facebook para mellora teus resultados?
¡ Suscribete ás novas do blogue no formulario de abaixo!


Advertencia: Este proceso non é gratuito.
Terás que gastar mais cartos en fichas de afiliación e cinta na túa caixa rexistradora.


 
Licencia Creative Commons Os grupos no Facebook  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 


(1) Modificación 20140905

mensaxes facebook grupos
Na última modificación que fixo facebook dos grupos, permite o uso do chat dentro do grupo e o envio de notificacións a  múltiples usarias á vez.

Esta é unha ferramenta que debemos usar con xeito para non pecar de pesadas e que non nos acusen de crear spam. 

Para enviar un correo masivo, acudide á rodiña dentada da dereita e dadeslle enviar mensaxe. Desplegarase a lista de persoas do grupo, onde podes sinalar unhas cantas ou ben empregar o botón seleccionar todas, escribir a mensaxe e así enviala. 

Non se dispoñen datos de cal é o límite de persoas para enviar mensaxes de grupo ou para participar nun chat grupal.

  

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...