mércores, 13 de novembro de 2013

As Fan Page (páxinas) en Facebook

negocios facebook

Facebook para Organizacións: ¡ Despega !

Con este post poderás facer unha páxina do teu negocio por ti mesmo, optimizala e definitivamente poñer o teu negocio on line a un precio <<cero>>

Dende ó punto de vista do usuario , o comportamento da páxina é similar a de un perfil persoal, aparecendo as noticias ou ben no valado ou no espacio de actualizacións.

Pero existen unhas diferencias que cambian o comportamento das páxinas respecto ós perfís persoais do Facebook:

.- Non están limitadas a 5000 contactos.
.- Permiten instalar artiluxios -robots- diversos que dan funcionalidade e enganche á audiencia e permitenos difundir mais cuestión.
.- Nos dan unha visión demo-xeográfica da nosa audiencia grazas as funcións estatísticas.
.- As páxinas poden ser administradas por diferentes persoas e con diferentes cometidos.
.- Teñen funcións para ver as estatísticas da nosa audiencia e dos nosos posts.

Necesidades previas a creación de unha páxina (FanPage) de facebook:


O único que é necesario para crear unha páxina no Facebook e contar con un enderezo de correo electrónico onde recibir as notificacións que ademais sirve como nome para poder acceder a tua conta e mais ter unha páxina de perfil dende onde iniciar sesión. 


Bueno, o único non, é necesario ter ganas de interactuar coa tua clientela por medio de esta rede social anunciando teus productos nas suas computadoras e teléfonos móbiles .
Antes de proceder á creación da páxina deben dotarse de contidos as distintas canles de alimentación.

A audiencia da páxina debe dimensionarse en función do seu estado de "acabado". Empeza pouco a pouco, engadir á xente de mais confianza,valorar conxuntamente o aspecto, buscar fontes de contidos, e unha vez teña entidade, darlle publicidade.

No caso de contar con unha boa rede de colaboradores ou creadores independentes , a páxina podese alimentar automaticamente con estes colaboradores coa aplicación RSSGrafitti. ou outras similares, como twiterfeed. (de isto falaremos mais adiante)

Co fin de incrementar a visibilidade deste emprendemento na rede, imos crear unha páxina de empresa  ou fan page. Contamos con algunhas ventaxas respecto ó perfil común do Facebook:

Ventaxas das páxinas respecto os perfís:

  • Número ilimitado de seguidoras.
  • As páxinas son visibles para todo o mundo, incluso si non está logueado no FB.
  • Alta posibilidade de configuración. Podense crear aplicacións a medida.
  • Indexación nos buscadores.
  • Acceso a funcións estatísticas de comportamento ante os posts e de estudio demográfico.
  • Dende as páxinas podese facer publicidade de productos e tamén crear propaganda para acadar maior audiencia.

Creando nosa Fáxina de Fans.

Dende noso perfil pulsamos crear páxina:

#Facebook crear páxina

Logo escolleremos o tipo de páxina que desexamos crear,(negocio local ou lugar; empresa, organización ou institución; marca ou producto; artista, grupo ou personaxe público; entretenemento ou causa social).Se honesto nas definicións. Non todas as funcións están soportadas en todas as categorías.
Se posteriormente queres crear promocións, escolle, mello,  a opción  de "lugar ou negocio local".
Si tes un negocio esta será a mellor opción. Terás posibilidades que non atoparás nas outras opcións, como colocar a ubicación, teu horario e días aberto etc.


Damoslle nome, aceptamos os termos do servizo, cargamos a fotografía que desexemos para a identificación do sitio e continuamos co proceso de darlle vida.

páxina feibuk

Os nomes das Páxinas no Facebook:

O nome da páxina debe reflexar de forma precisa o contido da páxina. Facebook reservase o dereito de suprimir os dereitos de administación ou pedirche que troques o nome e o enderezo web de facebook de dita páxina si non cumple o requisito.
  • Non deben consistir unicamente en termos xenéricos (como por exemplo "cervexa" ou "pizza")
  • Deben facer uso adecuado das maiusculas e gramaticalmente deben ser correctos. Non se poden escribir en maiusculas mais que os acrónimos.
  • Non poden incluir símbolos, puntuación excesiva ou indicadores de marca rexistrada.
  • Non deben incluir descripcións superfluas nin calificativos innecesarios.

    A tua  páxina recén creada aparece espida de todo... Para poñela atractiva, empeza por colocar unha fotografía que represente a tua marca ou negocio de unha sola vistada.
paxina facebook

É despois é o  momento de poñer a foto de portada.
Esta é a parte mais visible da túa páxina.
  • Usa unha imaxe exclusiva que represente ó teu negocio. Pode ser un plato popular do teu menú, a portada de un dos teus albums de fotos ou unha imaxe de alguén usando o teu producto. Emprega a creatividade e proba con imaxes que reciban unha resposta positiva do teu público.
  • Lembra que as fotos das portadas son públicas.
  • Estas fotos non poden ser nin enganosas nin confusas e tampouco poden infrinxir dereitos de autor de outras persoas ou empresas. Non se pode animar ás usuarias a que suban tua foto de portada ás suas biografías persoais.
  • As fotos de portada deben ter cando menos 399 pixeles de ancho e non poden incluir imaxes con mais de un 20% de texto.
  • Para optimizar o tempo de carga da tua páxina sube un arquivo JPG de 851 píxeles de ancho e de 315 píxeles de altura, e que teña un tamaño de menos de 100 k. Si estás a subir teu logo ou contido de texto, os arquivos PNG ofrecen un resultado de maior calidade.

 Ocultando unha páxina de Facebook incompleta.

publicar páxina de Facebook
Se desexas manter a tua paxina oculta mentras está incompleta, vai o panel de administración, axustes >>Unpublihs page. De este xeito non estará visible para o resto das usuarias e podes facer probas a gusto.
Non te esquezas de publicala cando creas que xa está preparada para por a dispor do público.

Tua información na páxina do Facebook:


Acto seguido, temos na man esquerda un espacio de 155 caracteres para dar  información acerca da tua empresa. Empreguemolo.
Para actualizar e complementar a información, debemos ir á parte superior da páxina e pulsar editar páxina para completar todas as posibilidades de información que se nos ofrecen.
Barre o menú ata que te des por satisfeita da presencia e comportamento da tua nova páxina.
Non estará de mais que leas atentamente as políticas de Facebook para páxinas para estar curada en saude e non meter a zoca.

Xa podes empezar a facer as tuas publicacións, suscribirte desde un perfil diferente e observar como funcionan os mecanismos e posibilidades desta función informática.

Un resumo visual en 6 pasos para configurar Facebook:


Facebook, fan page

Administración Compartida de páxinas do Facebook


administradores facebook
As Páxinas do Facebook poden ser xestionadas por varias persoas, todas coa mesma capacidade ou con opcións limitadas.
Para que compartir a xestión da tua páxina, entra nela, vai a pestana Editar Páxina>>Xestionar os roles de Administrador e alí engadir ós que desexes, e darlle as capacidades que consideres a cada un deles.


De esta forma mellorase notablemente a seguridade, xa que cada persoa involucrada na nosa páxina podemoslle conceder o tipo de admistrador que mais nos conveña, dependendo do tipo de colaboración que vaia a realizar. 

Un supoñer: Estás interesada en vender publicidade, e un anunciante quere coñecer as tuas estatísticas. Nese caso daselle acceso como "Analista de Estatísticas", de xeito que so poderá ter acceso a elas e non poderá publicar, xestionar administradoras etc.

Na taboa de abaixo podedes ver cal é o rol posible para cada tipo de administradora.

facebook, fan page, administradoras FaceBook

 O mais divertido ven aghora: Crear un plan de publicacións, definir un público obxectivo, atopar os puntos de conexión, buscar e adaptarnos ós hábitos e gustos do noso publico ....  ¿A que mola?

Si necesitas axuda para crear a túa Fan Page, contactame, e si che gustou este post, comparteo coas túas amigas ... e si non che gustou... ou quedaronche dubidas... comenta,  faime saber !!!!
 



Voltar ó Indice.

 
Licencia Creative Commons As Fan Page en Facebook por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...