mércores, 19 de marzo de 2014

16 Trucos para conseguir mais seguidoras no FB

redes sociais
Facebook,  como cabalo gañador actual nas redes sociais, é sumamente empregado como ferramenta de marketing na Internet.
Como queira que e vital para as nosas mensaxes chegar o mais lonxe posible, e que acaden o máximo impacto para poder facer campañas realmente relevantes, imos presentar a continuación unha serie de ideas para acadar mais seguidoras nas Fan Pages que xestionas ..ademais das que se che ocurran a ti.

1.- Actualiza periódicamente o estado da Fan Page. 

Non temas preguntar directamente á audiencia polos seus gustos, e sobre todo, invitalos a participar. As Fan Page teñen que ser un espazo de uso das nosas seguidoras.

2.- Permite que tuas fans publiquen fotos na páxina.

Si no teu negocio existen motivos para tomar fotos, e mais coas tuas fans presentes, pidelle que poñan as fotos na páxina, que se etiqueten a elas e as suas amigas.
Si o fan, as fotos aparecerán tamén nos seus valados, o cal producirá un maior incremento na visibilidade das publicacións relacionadas "co teu".


3.- Ofrece contidos exclusivos para fans.

Utiliza  FBML (lingoaxe de programación do FB) ou algunha aplicación externa que che permita dispoñer de contidos exclusivos para as persoas as que lles guste a páxina. Canto mais exclusivo sexa o material ofrecido mais persoas perseguirán o me gusta.

4.- Non esquezas os grupos.

Os grupos son mais poderosos cas páxinas na medida na cal podese enviar mensaxes a cada unha das membras. Si cohesionas un grupo, ou contactas co administrador de un do teu ramo, poderás enviar mensaxes directos a un amplo grupo de persoas.

5.- Invita a todos teus amigos.

6.- Instala un botón do Facebook no teu blogue ou páxina web.

7.- Conecte as suas páxinas de Facebook e Twitter.

Isto fará que cada unha das publicacións de unha rede apareza automaticamente na outra.

8.-Permita que todos comenten.

Terá mais capacidade de interacción cando teña comentarios.

9.- Inclua a dirección de páxina de Facebook na sua tarxeta de visita.

10.- Usa teu perfil

No teu perfil persoal, coloca enlaces á páxina de Facebook que xestionas, para que os posts mais resultóns vaian ás tuas amigas.
Negociar coas empregadas que fagan o mesmo.

11.- Crea unha URL corta da tua páxina. 

En información da páxina, vai a enderezo web de Facebook

12.- Fai unha páxina interesante.

Observa que é o que lles gusta as persoas para que volvan. Convirte tua páxina en un sitio colorido e divertido.

13.- Utiliza as estatísticas do Facebook.

A plataforma Facebook proporciona útiles estatísticas da sua páxina:  Cómo vai medrando a base de fans, as publicacións que tiveron mais éxito, as interaccións. Utiliza esa información para observar o comportamento da tua audiencia e adaptarte ós seus gustos.

14.- Usa unha foto atractiva no teu perfil

15.- Meta as redes sociais no merchandising.

Inclua sempre a sua direccion electrónica, e contacto en redes sociais en todo o teu merchandaising.

16.-Aprenda mais arredor do Facebook.

O Facebook ten un potencial incrible, pero compre coñecer as ferramentas para collerlle ventaxa. Atoparás pola internet algúns bos  manuais de como construir unha presencia na internet exitosa.

Unha interesante Infografía de Patricia Presmanes, na Páxina Pinterest de Aerco-PSM, pode resumir os conceptos mais básicos da presencia on line.

compromiso, engagement.



¿Que opinades? ¿Ocurresevos algunha outra?





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons16 trucos para conseguir mais seguidoras no Facebook,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, WordPress.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...