xoves, 13 de febreiro de 2014

Ferramentas para concursos nas Fan Page

concursos facebook, promocions facebook

Ferramentas para concursos nas Fan Page

Ter unha páxina no Facebook na cal non existe interacción e onde non podemos coñecer mais datos das usuarias que aqueles que a propia plataforma nos achega, non nos aporta valor de ningún tipo.
Nosa búsca debe ser a interacción das usuarias, non so a base de likes, senon en todas aquelas actividades que nos permita coñecer mais das persoas (audiencia), coñecer as suas tendencias, e sobre todo os seus gustos e preferencias.
Si ademais de elo somos capaces de crear unha base de datos que nos permita unha comunicación empregando outras canles coas usuarias (sobre todo e-mail marketing), teremos dado un paso de xigante para a consolidación da nosa marca ou producto, xa que poderemos enviar a cada persoa, sen bombardear, comunicacións do seu interese, que serán, sen dúbida, tomadas mais en conta, e polo tanto, mellorar os resultados das contas de explotación. (sexan estas ideolóxicas, puramente mercantís ou mixtas.)

Unha das posibilidades atractivas que a plataforma FB pon a disposición das administradoras de Páxinas, e a creación de concursos.

Vexamos primeiro cales son as normas para Concursos/Promocións ás que obriga Facebook.

O que se considera unha promoción no Facebook?

Facebook considera concursos ou sorteos aquelas accións realizadas nas Fan Page que incluen, normalmente:
- Entrada ou rexistro
- Algún elemento de azar
- A consecución de un premio para unha ou varias usuarias.

¿Cómo podo crear unha promoción ou concurso?
.- Podense crear mediante aplicacións específicas ou dentro da propia páxina.
.- Non se poden crear nin usar en páxinas de perfil persoais.
.- Podes usar os "me gusta" ou os post na páxina para realizar o concurso.
.- NON podes etiquetar ou invitar a etiquetar nas fotos a persoas que non aparecen nas imaxes.
.- As normas do concurso non poden incluir a obriga de publicar a promoción nas páxinas persoais.

Permitindo que se creen promocións dentro da propia páxina, FaceBook pretende facer mais doado para as empresas e institucións de calqueira tamaño administrar promocións e concursos, que coas anteriores políticas estaban dispoñibles somentes para aquelas empresas ou institucións con capacidade para crear/pagar unha aplicación propia.

Suxerencias do FaceBook para os Concursos/Promocións:

Cada empresa é diferente, e debe experimentar con promocións ata atopar aquela a cal as usuarias respondan mellor. A seguir amosanse uns consellos das mellores prácticas:
1.- Promociona posts que están ligados os obxectivos do teu negocio ou servizo.

2.- Usa as promos e concursos para crear concencia dos novos productos, promover a apertura de un novo local, reducir stocks ou avanzar en algún dos obxectivos da tua organización.

3.- Fai promocións convincentes.
As promocións que ofrecen productos ou servizos de alto valor engadido para as usuarias, fan que estas sexan mais propensas a participar e a xenerar interaccións.
Usando as mellores prácticas dos posts no FaceBook, incluindo textos e fotos chamativas, aumentan a imaxen de marca e tenden a obter mellores taxas de resposta e maior compromiso por parte das usuarias.

4.- Promove teus concursos ou promocións.
A creación de anuncios destinados a público segmentado e definido como  obxectivo fará que o alcance da tua campaña acentuese.

Debes saber ademais, que si utilizas a plataforma Facebook para realizar unha promoción ou concurso:

1.- Serás responsable de que o funcionamento da promoción cumpla a legalidade vixente no referido a:
a).- Entorno lexislativo.
b).- Manifestar claramente os requisitos para participar (por exemplo, límite de edade ou lugar de residencia)
c).- O cumplimento das normativas que afecten ás promocións ou concursos e sistemas de premios (tanto a comunicación ás autoridades pertinentes como a obtención dos permisos legais necesarios)

2.- Nas normas das Promocións/Concursos na plataforma Facebook, deberá estar incluido o seguinte:
a).- Unha exoneración completa e explicita de toda responsabilidade de Facebook por parte de cada concursante ou participante.
b).- Un recoñecemento de que a promoción/concuros non está patrocinada, avalada nin administrada por Facebook.

3.- As promocións poderán administrarse dende páxinas ou aplicacións de Facebook. As biografías persoais non deberán usarse como medio para administrar promocións (p.ex: Non está permitido o uso de oracións como "comparteo na tua biografía para participar", ou "comparteo na biografía dun amigo para acadar participacións adicionais".

4.- Facebook non proporciona asistencia técnica para a administración das tuas promocións, e o usar seus servizos para administrala, aceptas que o fas baixo a tua responsabilidade. Se necesitas axuda para xestionar a tua promoción, contacta con unha profesional.

Algunhas preguntas frecuentes arredor das promos no FaceBook:

P: ¿Por qué non debo pedir as persoas que promocionen na sua páxina persoal o meu concurso?
R.- Facebook quere estar segura de que as persoas seguen contido de calidade e usan os seus perfís persoais para estar conectadas coas persoas achegadas ou que lles preocupan. Afirman que existen razón técnicas para confinar a administración de un concurso/promoción nunha Fan Page ou nunha aplicación. Por exemplo: As usuarias poden decidir restrinxir o acceso a determiñadas entradas dentro da liña do tempo a outras persoas, ou ben deixalas como privadas, ou compartilas somente con algún grupo das suas amizades. As Fan Page non terán a posibilidade de de acceder/verificar estas entradas a menos que estas sexan editadas como públicas.

P: ¿Como decido si administrar o meu concurso a través dunha aplicación ou directamente na páxina?
R: A creación de unha promo a traverso de unha aplicación permite crear unha experiencia mais persoalizada, mai s en liña coa sua estratexia de marca.
As aplicacións proporcionan maior flexibilidade que as mensaxes que aparecen so na Fan Page.
Por outra banda, as aplicación poden recoller datos de forma segura e estructurada que pode ser mais atractiva e de maior interese para as marcas mais grandes.
Crear unha promoción/concurso cunha páxina, e mais rápido e doado. Ademais os concursos creados mediante aplicacións poden ser promovidas para que acaden un rango mais amplo de audiencia.

Ferramentas para a xestión de Concursos/Promocións no FaceBook:


cool tab
Con Precios que van dende os 40 ata os 350€/mes, sin límite de Fan Pages, usuarias ou promocións. Para os 3 plans ofrecen 15 días de periodo de proba sin compromiso.
Conta coa version Cool Promo Lite, gratuita, para facer sorteos, concursos 1pregunta / 1 resposta, concursos de fotografía, Landing Page, creación de formularios, exportación de datos das participantes....

Actualmente en fase Beta, debese solicitar unha invitación para poder participar no programa.

A plataforma (pendente de recibir a invitación para probar) conta con un sistema para incentivar a difusióndos sorteos de tipo piramidal, conta con unha interface intuitiva para preparar a promoción e permite engadir o logo de marca dentro da campaña.
Mentras agardo a invitación... deixovos unha imaxe. Ainsss que nervios.

cub.io

É unha das ferramentas mais coñecidas.
Permite facer a primeira campaña de balde, e probar así si gostas dela ou non.
A partires de ahí, os precios parten dos 15$USD por promoción para menos de 5000 fans, Premium, recomendada para páxinas entre 5000 e 50.000 fans (100$USD)-con posibilidades de votación e concursos de preguntas- e marca branca, con un coste de 250$USD por promoción, recomendada para compañías con mais de 50.000 seguidoras.

easy promos
Si seguides o enlace superior, poderedes ver a diferencia de servizos entre paquetes.
Recentemente EasyPromos pon a dispor das usuarias rexistradas unha aplicación gratuita coa que se poden xestionar as promocións creadas no Muro da Fan Page.
Con esta ferramenta podese:
.- Exportar as usuaias e participantes en formato CSV e Excel (e por extensión Calc)
.- Seleccionar e filtrar as usuarias/comentaristas do sorteo.
.- Seleccionar de xeito aleatorio ás gañadoras e reservas.
.- Obter un certificado de validez do sorteo emitido por EasyPromos.
.- Publicar as gañadoras no muro da Fan Page.

É unha plataforma para creación de sorteos tanto en Facebook como no Twitter, e que conta con unha plataforma onde participar nos sorteos directamente.
Os sorteos contan con unha utilidade que proporciona mais boletos ás usuarias que invitan a outras a participar, e as promos son accesibles dende todo tipo de dispositivos.
Os plans de pago son de 29€ ( o primeiro de balde) e 99€ o plan Premium.
O igual que outras plataformas, dispón das ferramentas para e-mail marketing e de exportación de datos das usuarias.
Exportar los usuarios y participantes en formato CSV y Excel. Seleccionar y filtrar los usuarios/comentarios finalistas del sorteo. Seleccionar de forma aleatoria los ganadores y reservas. Obtener un certificado de validez del sorteo. Publicar los ganadores en el muro de Facebook. - See more at: http://www.easypromosapp.com/blog/2013/09/aplicacion-concursos-muro-facebook/#sthash.gaDgBrTA.dpuf
Exportar los usuarios y participantes en formato CSV y Excel. Seleccionar y filtrar los usuarios/comentarios finalistas del sorteo. Seleccionar de forma aleatoria los ganadores y reservas. Obtener un certificado de validez del sorteo. Publicar los ganadores en el muro de Facebook. - See more at: http://www.easypromosapp.com/blog/2013/09/aplicacion-concursos-muro-facebook/#sthash.gaDgBrTA.dpuf

Exportar los usuarios y participantes en formato CSV y Excel. Seleccionar y filtrar los usuarios/comentarios finalistas del sorteo. Seleccionar de forma aleatoria los ganadores y reservas. Obtener un certificado de validez del sorteo. Publicar los ganadores en el muro de Facebook. - See more at: http://www.easypromosapp.com/blog/2013/09/aplicacion-concursos-muro-facebook/#sthash.gaDgBrTA.dpuf

whispond
Whispond é outra ferramenta de pago, ainda que permite un periodo de proba de 14 días.
Ten ferramentas para a creación de Landing Pages, Concursos e Cupóns de desconto (tamén para grupos).
Os plans, van dende os 19$USD ata os 149$USD, en función to tipo de que o pago sexa mensual ou anual, e as características que pretendamos para usar a nosa conta.
Así mesmo, contén ferramentas de analíticas e automatización de campañas de e-mail Marketing.

Esta ferramenta ten unha versión gratuita, que permite realizar o sorteo e elexir a gañadora antre os likes e os comentarios.
As gañadoras da promo faise aleatoriamente, facendo practicamente imposible "trampear" quen vai levar o premio.
Nas posibilidades de pago, parte dende 1$USD/mes para promocións en páxinas con menos de 100 seguidoras ata os 249$USD para páxinas con mais de 100.000 fans.
Dentro das posibilidades de balde, están a da integración de pestanas para Pinterest, Youtube, Twitter, Instagram e tamén a HTML_FanGate. (ahí é nada!!)

¿Mellor una Aplicación ou Promocións no muro?

Ambas posibilidades son válidas e con ambas obteranse resultados.
Ainda que de entrada unha aplicación supón un desembolso de cartos, ten varias ventaxas a comparación das Promos no muro:
.- Posibilidade de crear unha Landing Page para a promoción integrada na nosa páxina.
.- Diversas facilidades para a xestión da Promo, e automatización de procesos.
.- Podese limitar a promoción ás persoas que "gostan" da tua páxina.
.- Seleccionar a gañadora aleatoriamente e cumplindo os requisitos que exixamos na participación (likes, comentarios...)
.- Posibilidades de incluir enquisas no rexistro; acceso á información das participantes.
.- Ferramentas analíticas.

Empezar polas ferramentas de balde, de todos xeitos, permitirache irte familiarizando cos conceptos dos concursos, e ver cales son as tuas necesidades reais que non cumplen as ferramentas gratuitas.

E ti.. ¿Coñeces algunha outra aplicación para a creación de Promocións ou concursos no FaceBook?  
E si necesitas axuda para poñer en marcha a túa propia promoción na tú Fan Page, non dubides contactarme.
E si che gustou este post, non esquezas compartilo coas tuas amigas !!



Voltar ó Indice.

 
Licencia Creative CommonsFerramentas para concursos nas Fan Page  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...