sábado, 22 de febreiro de 2014

Creación e xestión de eventos no Facebook


crear eventos en FacebookCreación e xestión de eventos no Facebook.

A aplicación de Eventos  do Facebook, é unha das poderosas ferramentas que habita nesta plataforma.

O longo de este post, imos ver como crear un evento nunha Fan Page do Facebook,  cómo dinamizala, e dirixirte a audiencia adecuada, ademais de ver algunhas ferramentas que nos axuden a xestionar, en función dos nosos intereses, as listas de asistentes.

Si aínda non a probaches, xa vai sendo hora. A dinámica é doada:

Como ves, non tes mais que:
  • Click en Eventos, no menú esquerdo da túa páxina de inicio.
  • Click en Crear evento no canto superior dereito.
  • Encher o nome do evento, os detalles de localización, data e hora.
  • Escoller o rango de amigas ás cais queres dirixir o mesmo.
  • Engadir unha foto de cabeceira.
  • Click en crear.
A partires de ahí o FB direccionate á páxina do evento, onde podes partillar publicacións, convidar a persoas, editar os detalles, crear enquisas....

Os eventos recurrentes:

Para facilitar a creación de eventos que compartan características, existe a posibilidade de crear un evento recurrente, onde non temos mais que trocar a data e a fotografía, mantendo todos os demais datos.
A tarefa non se automatiza por completo, pero facilita o traballo sobre todo porque son invitadas todas as persoas as cales convidaches ó primeiro de xeito automático.


eventos recurrentes en Facebook


¿Cómo promocionar un evento dunha Fan Page do FaceBook?

Posiblemente non exista unha maneira "mellor" de promocionar un evento, pero permitome facer unhas suxerencias que funcionan para os casos mais comúns:

  • Invita ás persoas adecuadas. Efectivamente podes invitar a todos teus contactos a un evento, pero, posiblemente poidas separalas en función dos seus intereses concretos.
  • Deixa un tempo prudencial entre a creación de eventos. Cicais unha vez cada 15 días, ou unha vez á semana como moito. Tampouco se trata de aburrir ós nosos contactos.
  • Escolle un tíduo atractivo. Esta é unha cuestión importante, xa que cando invitas, as persoas é practicamente o único que miran. Un tiduo suxerente convida a visitar a páxina e que se afonde no contido.
  • (Podes cambiar mais tarde o nome do evento, si o consideras, pero sempre que non chegara ás 5000 aceptacións)
  • Inclue unha foto atractiva e que chame a atención (relacionada, claro).
  • Engade contido na Páxina do Evento. Isto por duas razóns: Para que a páxina non luza aburrida, e tamén para que sirva de recordatorio, xa que os posts serán recibidos na pestana de  notificacións, as persoas que dixeron de asistir.
  • Fai recordatorios periódicamente (sin ser aburrida) do evento na tua liña do Tempo do Facebook.
  • No teu blogue ou web, inclue botóns para partillar, para fomentar a viralidade facendo simple que as persoas conviden a outras a asistir ó teu acto.
  • Cando as persoas confirmen asistencia ou comenten no muro, responde e agradece. Comenta en cada foto, video ou post que se inserte. Todas estas actividades ademais de quedar rexistradas no muro do evento, tamén aparencen no panel de notificacións das asistentes.

A outra forma de dinamizar un evento, mais alá do "feito a man", é patrocinar unha entrada na plataforma, e dirixila a persoas que forman parte do teu mercado potencial, e non tes incluidas dentro dos teus contactos.
Na captura que engado, podese ver que, un anuncio que estivera dirixido a persoas que viven en Galicia, de entre 20 e 45 anos, propietarios de pequenos negocios, podería chegar a  unhas 26.000 persoas.
Obviamente, o presuposto adicado a campaña influirá no resultado final e na consecución ou non dos obxectivos.
Si necesitas axuda para diseñar unha campaña publicitaria en FaceBook, non dubides contactarnos


Promocionar eventos en facebook


¿Cómo convidar a vez  a unha lista de  amigas a calqueira   actividade convocada a través do Facebook?

Como vos decía antes, non é practica adecuada invitar absolutamente a todas as amizades os eventos. 
Un evento debe estar dirixido a unha audiencia determiñada; non é o mesmo convidar a un cumpleanos, un decir, que a un descenso en bicicleta de montaña; amén de que si invitas indiscriminadamente a todo o mundo, podes chegar a aburrir de tanto partillar contidos que poden ser irrelevantes para parte das persoas.

É por elo, unha práctica mais que adecuada e recomendable, (esta é unha das utilidades), ir incluindo as tuas amigas en diferentes listas en función dos seus intereses comúns. 

Esta utilidade funciona con Google Chrome ou Firefox

1- Abre o teu Facebook en Chrome ou Firefox

2- Vas á páxina do evento ó que queiras invitar a todas tuas amigas.

3- Clik en "Invitar a amigos", seleccionas a lista a cal queres deirixir a invitación, e na xanela que aparecen as persoas, desplazate cara abaixo ata que aparezan todas (insisto todas) as tuas amigas. 

 4- Presiona as tres teclas e mantenas pulsadas:
► Para Google Chrome: CTRL + MAYÚS + J 
► Para Mozilla FireFox: CTRL + MAYÚS + K


5- Abrirase unha consola/fenestra na parte na parte inferior ou superior do monitor.

6- Copia e pega esta líña de código JavaScript na xanela/consola:

 javascript:elms=document.getElementsByName("checkableitems[]");for (i=0;i<elms.length;i++){if (elms[i].type="checkbox" )elms[i].click()};

7- Logo fai dalle a Intro, espera un intre (depende do número de amigas) e en canto tes a todas as amigas seleccionadas -coloreadas- dalle a gardar. (Enviar)
Listo.

 Crear enquisas no teu evento:

Tanto para fomentar a interacción como para recibir "feedback" ou adaptarte o gusto da tua audiencia, podes incluir enquisas dentro da páxina do teu evento.
A aplicación garantiza que cada perfil (non cada persoa), vote unha soa vez.
 

Enquisas en eventos facebook

Rematando:

Será túa imaxinación quen pon límites a cales son os actos ou promocións que queres difundir mediante a ferramenta eventos.
Unha festa, unha oferta, inaguración, determiñado producto, un taller, unha expo, concertos, charlas, presentacións de libros/discos, liquidacións por fin de tempada... Di tí. ¿Qué outras posibilidades veñenche ó miolo?
eventos en facebook


Si gostache deste post, comparteo coas túas amigas. Comentanos como realizas tí a xestión de eventos na túa Fan Page.

E si compreche axuda ou non tes tempo para crear o teu evento, non dubides en contactarme.





Voltar ó Indice.

 
Licencia Creative Commons Creación e xestión de eventos no Facebook por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Blogger.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...