martes, 8 de abril de 2014

Publicando nas Fan Page

publicacións en facebook

Capta a atención da túa audiencia nas Redes Sociais.

Tendo construida xa nosa flamante páxina de Fans no Facebook, chega o momento de empezar a amosar nosa marca, producto ou servizos a aquelas que comparten con nos "obxecto social" e teñen a ben ser as nosas seguidoras. 

Unha vez tes creada a páxina, debes empezar a publicar contidos que creas que poden ser interesantes para as persoas coas que compartes o teu  "Obxecto Social".

O Primeiro que debes facer é definir a audiencia relacionada contigo ou a quen desexas orientarte, e en función dela publicarás un tipo ou outro de contidos.

Está claro que non é o mesmo ser membra de un grupo de defensa dos dereitos animais, que xestionar unha perruquería.

Neste post imos enumerar algunhas das mellores prácticas para facer publicacións na propia Fan Page de FaceBook e que cheguen a maior cantidade de xente posible.
 (Si ainda non tes unha Fan Page de Facebook para o teu negocio, podes creala agora)

  20 Cuestións básicas das publicacións no FaceBook

Moitas de estas consideración están extraidas da propia experiencia da plataforma, que recabando datos é capaz de determiñar estatísticamente cales son as accións que as usuarias siguen con maior interese, e cales obteñen mais compromiso.

1.- Se breve.

As publicacións entre 100 e 250 verbas (menos de 3 liñas de texto) reciben un 60% mais de "me gusta", comentanse e compartense mais  que as que superan os 250 caracteres.

2.- Publica con regularidade:
Publica cando menos cinco veces á semana para estar sempre presente antre os teus fans. A coherencia tamén é fundamental. Por exemplo, publica arredor da mesma temática o mesmo día de todas as semanas para que os fans saiban que é o que poden esperar e esten desexando obter as tuas noticias do día. Ten en conta de que cada publicación chegará  somente a un 10% das persoas as que lle gusta a páxina.

3.- Escolle o mellor momento para publicar.
Nada mais que ti e a tua empresa sabedes que é o que mais vos convén. Podes usar as estatísticas da páxina para saber qué é o que mellor funciona (por exemplo, proba a publicar en diferentes horas do día para ver cando acadas mais interacción). As estatísticas internas do Facebook detectan que os restaurantes publican entre as 7:00 e as 12:00, cando a xente está a preparar os plans do día.
estadísticas facebook

A interacción das usuarias coas páxinas do Facebook é maior entre as 21:00 e as 22:00, e o grupo de edade comprendidas entre os 18 e os 24 anos é o que mais actividade mantén durante ese periodo.Como ti tes claro según as estatísticas da páxina a que hora as persoas están mais atentas ós teus contidos, podes chegar a programar os posts ás horas nas cales crees que  van ser mais efectivos. Na imaxe que sigue podes ver como. A icona do reloxo é a que desplega a hora de programación do contido.

aprendermos, manolofreiria, redes sociais, facebook, programar entradas.

Usa o FaceBook para publicar  contido relevante.


4.- Coñece a tua audiencia como a ti mesma.
Cando publiques na tua páxina, a mensaxe chegaralle a seguidoras que posiblemente estén familiarizados coa tua marca, polo que teu contido con información privilexiada pode facer que se sintan ben informadas.
Para chegar a novas audiencias podes crear un anuncio a partires de unha publicación na tua páxina e usar nos outros un contido mais xeral sin perder a voz da tua marca.

5.- Aproveita a actualidade e o momento. Os temas que están ó orde do día, como eventos, festas, ou noticias actuais, teñen mais probabilidades de interesar ás tuas seguidoras.

estatísticas facebook


6.- Publica contido relevante para o teu público.
Por exemplo, os negocios locais poden facer referencia a eventos da comunidade, vila ou barrio, mentras que os negocios con un ámeto territorial diferente poden incluir enlaces a artigos que interesen a tua comunidade.

O FaceBook é visual. Busca o impacto.

publicacións facebook

7.- Publica fotos e videos.

 As publicacións que incluen un álbum de fotos, consiguen un 200% mais de interacción que as publicacións normais. Os álbums de fotos e os videos chegan a duplicar a interacción das usuarias, según os estudos do FaceBook.

8.- Utiliza efectos visuais chamativos.
Atrae a atención do público usando imaxes sinxelas cun tema central claro. As imaxes con cores moi saturados tamén axudan a destacar a publicación sobre o fondo branco do sitio. (Un estudo interno do Facebook indica que as imaxes con mais de un 0,3% de interacción en forma de "Me gusta", comentarios e contido compartido, incluen imaxes en primeiro plano e unha única cor que destaca.

9.- Inclue imaxes que reflexen a tua marca.
O ideal é que a imaxe do perfil sexa o logotipo ou outro simbolo da tua marca, pero a xente tamén recoñecerá tua marca nas imaxes que publiques. Nos estudos internos da compañía de Zuckemberg refexase que cando a marca era inmediatamente identificable nun anuncio, seus resultados son mellores en canto a ser recordada e considerada a hora de lograr conversión.

Usa Facebook para elaborar e compartir contido atractivo.


10.- Fala coa propia voz da tua marca.
Si tua marca ten un portavoz ficticio, utiliza a sua voz. Se non o ten, imaxina como soaría a tua marca se fora unha persoa.
Boas prácticas para postear nas Redes Sociais

11.- Posiciona a tua marca como si fora un heroi ou un solucionador de problemas.
Destaca unha característica específica do producto, como un ingrediente ou un factor de comodidade e o seu efecto positivo. Reforzao si é posible coa tua imaxe. (Os estudos de marketing do FaceBook indican que estes son os anuncios e publicacións que ofrecen mellores resultados). 

12.- Proporcionalle os fans acceso exclusico a contidos, productos, eventos e ofertas. Os fans teñen o doble de valor que as usuarias que non son fans, polo que deben ser recompensadas pola sua lealdade.
Mantén ás fans o corriente de todo o que ocurre no proscenio dos eventos e lanzamentos de productos para facer que se sintan especiais.
Anuncia teus productos novos os teus fans antes que en ningún outro sitio, permitelles acceder antes as vendas ou publica fotos exclusivas dos eventos.

13.- Aportalle valor ós teus fans publicando ofertas ou cupóns por tempo limitado ou utiliza a túa páxina para promocionar sorteos ou agasallos.

Acada a implicación e interacción das seguidoras da Fan Page.

enquisa facebook

14.- Fomenta a Interacción.

Pidelle os teus fans información e comentarios sobre os teus productos. Crea publicacións con formato
de pregunta ou escribe un texto do tipo "enche o espazo en branco". Estas publicacións acadan un 90% mais de interacción que outras publicacións de texto normales. (Estudos internos de Facebook indican que os posts con mais interacción teñen menos de oito palabras e ofrecen tres opcións de resposta concretas.)
É necesario pensar ben que tipo de páxina imos crear, xa que non todas teñen as mesmas ferramentas para traballar. As páxinas comunitarias, por exemplo, non permiten poñer enquisas.

15.- Inclue tua chamada á acción o principio da entrada. Faille saber ás tuas seguidoras como deben interactuar co post. ¿Deben facer click na opción "Me gusta" da publicación? ¿Deben partillala con amigas? ¿Comentala?
A chamada á acción debe estar nos 90 primeiros caracteres do post, para asegurarte de que a xente ten que saber como interactuar. (Os estudos internos do Facebook indican que os posts con maior interacción incluen unha chamada á acción)

16.- Partilla as publicacións dos fans.
Recoñece e dalle valor ás aportacións das fans respondendolle ó contido xenerado e compartindo co resto da audiencia aquel que sexa relevante e de calidade, e que demostre que as usuarias coñecen a tua marca e lles gusta.

17.- Pidelle ás tuas seguidoras que fagan click en "amosar no taboeiro de novedades" , e en recibir notificacións.
facebook recibir notificacións

Viraliza tuas publicacións da FanPage.


18.- Crea eventos para espallar tuas ofertas ou para actividades a realizar en días sinalados.

19.- Viraliza tua publicación na fan page replicandoa tamén no teu perfil. Neste video decimosche cómo.




20.- Dirixe cada publicación cara ó público a cal este dirixido. (segmenta)
Si teu negocio ou marca ten públicos variados, podes dirixir cada publicación cara un dos intereses das distintas seguidoras. Exemplo: Orientar a homes a roupa de home, a solteiras os vestidos de noiva, ou a persoas maiores os calzoncillos de franela. Na captura seguinte podedes ver como configurar a páxina para facer posts por sectores de audicencia.


Grazas pola aportación a Xabier Roibas de "Locos por el Social Media Galicia"

¿Ocurrense mais trucos para mellorar o impacto dos posts na audiencia de unha Fan Page de Facebook? 

¿Necesitas axuda para xenerar os teus contidos? ¡ Contactame!!





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Publicando nas Fan Page,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post,  ou no grupo Aula virtual de  Redes Sociais  de "Aprendermos" no Facebook , no  grupo "Aprendermos" do Linkedin ou no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +



Exercicios propostos para este post.

Fixate en páxinas relacionadas co teu sector, ou da competencia.
¿Cales son os posts que mais comentarios reciben? ¿E cales teñen mais me gusta? ¿Que posts teñen mais interaccións?
En función das tuas observacións, explicanos cales crees que son os posts mais adecuados para poñer na tua páxina.


Webgrafía:
Facebook:  Pages Publishing best practices.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...