sábado, 22 de marzo de 2014

As estatísticas do Facebook.

estatísticas facebook

As estatísticas nas Facebook Fan Page.

O mais interesante das estatísticas para Fan Pages do Facebook, non é tnato a información que nos ofrecen das nosas FanPages, como as necesidades de coñecemento e a cantidade de dúbidas que nos plantexan.
¿Está a audiencia das redes acorde co meu público obxectivo?
Si ese non é o caso? ¿Como podo promocionar antre ese público heteroxeneo?
A qué horas é mais probable que se miren os posts?
¿Como lograr unha mellora no alcance das publicacións?

As estatísticas amosan o grado ou erro da propia táctica ou prácticas utilizadas, e aportan datos para facer mais eficaces nosas campañas de comunicación.

O traballo que se enfrenta, pois, non é observalas, senon atopar a forma de melloralas e que se adapten ós gustos das nosas audiencias.

A pestana Overview(Visión de conxunto)

Nesta pestana, podemos ver a evolución da acumulación de  "likes" (seguidoras da páxina), o alcance dos posts e o compromiso adquirido polas seguidoras e as accións realizadas sobre os posts. (Cantas veces se leeu a noticia orixinal, cantas veces se compartiu, número de comentarios e "me gusta".
Facendo click nas flechiñas que apuntan á dereita, podense ver as analíticas detallando que parte dos alcances son de pago e cales son orgánicos, e con un alcance temporal de ata catro meses que podemos definir nos mesmas.

facebook estadisticas overview

A pestana likes das Fan Page:

Na pestana likes, aparecerá o acumulativo de likes, os me gusta e xa non me gusta por data, e a procedencia dos gusta á páxina. Dentro da evolución das seguidoras, podemos analisar tamén cales proceden de alcance orgánico e pagado.

Cando falamos de alcance orgánico e tamén o alcance viral, no entorno Facebook, referimonos ó número de usuarias únicas (conta solo a primeira visita ) que miraron unha publicación da sección de noticias ou tua FanPage, incluidas as usuarias que miraron a historia compartida por compartila unha amiga, por exemplo, por que gostou da publicación, comentouna ou respondeu a unha pregunta ou evento.


A pestana alcance (Reach) nas estatísticas do Facebook:

Os datos de alcance nos informa de a cantas persoas chegarou a FanPage, e as accións que tipos e cantidade de accións realizaron as usuarias nas nosas publicacións.
Existe un apartado tamén que amosa, si se deu o caso, a cantidade de publicacións que se ocultan do timeline, a cantidade de usuarias que optaron por ocultar todos os posts da túa FanPage, as eventuais denuncias por "spam" e a perdida de seguidoras.

Cando observemos as estatísticas podemos atopar os conceptos de impresións e alcance.
As impresións son o número de veces que unha publicación amosase na tua páxina, tanto si se fai click en ela como si non.
As usuarias poden ver varias impresións da mesma publicacións, por exemplo, unha vez na páxina e logo a mesma publicación compartida por unha amiga.
O alcance é o número de persoas que recibiron impresións de unha publicación da FanPage. A cifra de alcance pode ser menor que a de impresión, xa que unha persoa (alcance) pode recibir varias impresións da mesma publicación (impresións).

alcance publicaciones facebook

A pestana de visitas da Fan Page:

Amosanos de onde veñen as visitas á nosa Fan Page. As persoas que visitan a Fan Page son as autenticas interesadas. Son poucas e selectas.
Fixate de onde proceden as visitas para incrementar o seu número, ou pensa nas accións que podes realizar para que accedan dentre outros medios.
As opcións fotos, Timeline, InfoTabs e AdminTools daranche información mais detallada das entradas dende cada elemento.
Agradecese poder analizar ó resultado dos impactos das imaxes.
Este analise complementase con outro de "outra actividade", onde rexistranse as mencións e mais os posts de outras na páxina, e outro mais de referencias externas conseguidas. (Links que apuntan cara a túa páxina)

visitas fan page facebook

A pestana Posts das estatísticas da FanPage.

Xunto co alcance e accións realizadas sobre cada un dos posts  compartidos na FanPage (que non se poden ordenar dende dentro da plataforma mais que por data de publicación), atopamos a media de visitas por días da semana, horario de visitas da nosa audiencia e tamén as medias de alcance e compromiso acadado según cada tipo de post.
Estes datos tan simples, nos darán idea de cales son as horas e días "mellores" para realizar nosas publicacións, e tamén para ver cales son os tipos de post que as nosas seguidoras prefiren e ante os cales amosan maior compromiso.
Podense ver as estatísticas sobre todas as publicacións da páxina posteriores ó 19 de Xullo de 2011, así como descargar os datos das publicacións dos últimos seis meses.
Para elo, emprega  a orde Exportar datos, e sigue as indicacións da plataforma.


estadisticas facebook alcance

A pestana Persoas nas estatísticas das Fan Page:

Grazas a estes datos poderemos comprender cal é a estructura demográfica da nosa audiencia, tendo acceso incluso ós números de seguidoras por cidades, paises e idiomas.
Así mesmo poderemos ver cal é a dsitribución demográfica tanto das impresións como cal é a estructura mais comprometida cos contidos que se publican.
Co coñecemento de estes tres factores poderás mellorar moito o alcance dos posts, a pouco que unha se aplique.

seguidores fan page facebook

Un exemplo práctico: Esta tenda de complementos para muller tiña curiosamente mais seguirodes masculinos que femeninos; e o rango de edade definido para o seu público obxectivo era de 35 a 45 anos, existindo mercado menor para o rango de 25/35 anos e dos 45 ós 55.

Mellora mercado con  Facebook

Para acadar maior público obxectivo realizouse un libro de estilo de publicacións, aumentouse a calidade das fotografías e fisoxe unha pequena campaña de FB Ads.
A partir de ese momento o público obxectivo potencial é do 45% da audiencia total contra o 22% na anterior etapa.


¿ Parecenche interesantes os datos que aportan as estatísticas da plataforma Facebook? 
¿Qué datos votas de menos?
Utiliza a zoa de comentarios para compartir tuas opinións.


Aprendermos Facebook:Aula Virtual: Grupo en Facebook.
Fan Page:
Perfil do Autor no Facebook.




 
Licencia Creative Commons As estatícas do Facebook por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...