luns, 21 de abril de 2014

Facebook básico para hoteis

aprendermos, casas rurais, hoteis, manolofreiria, marketing para hoteis en Facebook, redes sociais, reservas en liña,

Facebook básico para Hoteis e Casas Rurais.

Ainda que coste creelo, ainda hai hoteis e aloxamentos rurais que non se mostran moi dispostos a ter presencia nas redes sociais ou fan uso delas con moi pouca intensidade.
Si teu hotel é un deles, deberías subirte ó carro do Social Media canto antes para non perder oportunidades de negocio.

A cantidade de persoas que pasan tempo nas redes sociais como Facebook non para de aumentar, polo que non debemos perder esa posibilidade de audiencia.
Proxectar unha propia imaxe, vital e diferente pode axudar a diferenciarte da competencia e fidelizar ás clientas.

Antes de empezar compre definir con claridade cales son os obxectivos que pretendense acadar coa presencia en Redes Sociais.
Os motivos poden ser varios: 

Dar a coñecer teu estabelecemento, amosar o resultado das reformas, xerar visitas de potencial clientela, facer un estudo do mercado potencial da túa ubicación, potenciar o salón de banquetes ou convencións....
Non calqueira razón sirve. Nunca deberemos presentarnos como vendedores. Noso fin debe ser namorar para que nos sigan e nos teñan en mente. As ventas aparecen por añadidura.

As redes sociais non son canais de vendas (cando menos inicialmente), senon sitios sociais onde realizar e recibir comentarios.
Usalos para facer publicidade descarada e intentar vender directamente pode ter (ten) un efecto agresivo e molesto que pode xerar rechazos ás usuarias.

Os primeiros pasos de un Hotel ou Aloxamento Rural no Facebook deben estar encamiñados a crear unha masa de usuarias e reputación en liña adecuada.
O tempo de esta fase é variabel, pero durará uns doce meses. Xa pasado este tempo será o momento de empezar a usar as canles para facer promocións ou integrar neles motores de reservas. Antes, seguramente non serán eficaces.

Para xestionar os contidos que se publiquen no Facebook (e eventualmente en outras Redes Sociais) é importante destinar a elo a unha persoa cos coñecementos adecuados, un Community Manager, xeralmente con un perfil técnico e relacionado co teu sector, ainda que os profesionais do Marketing ou Periodistas tamén poden dar bos resultados.

Mellor absterse de deixar este traballo nas mans de un becario nin cargalo sobre outra traballadora que teña outra tarefa a tempo completo na organización. Os resultados non serán bós.

Crea a túa Fan Page como "lugar ou negocio local".


aprendermos, casas rurais, hoteis, manolofreiria, marketing para hoteis en Facebook, redes sociais, reservas en liña,
As Páxinas de Fans do  Facebook como negocio local son para as empresas que teñen unha ubicación física específica, como as de hoteis.
Unha diferencia entre elas e outras páxinas de negocios é que estas empregan o concepto denominado  “check- in”.  (estiven en)
As nosas fans, por medio de ese "check-in" poderán decirlles ás suas amigas que estiveron ou están fisicamente no noso estabelecemento, e situarán noso nome no mapa e nas retinas das veciñas das nosas visitantes.

Lembra que Facebook penaliza ás empresas que usan perfís persoais, (está prohibido polas súas condicións de uso) polo que sempre debes crear unha Fan Page ou Páxina de negocios.
Estas son mais persoalizables e aportaranche unha mellor imaxe institucional.

Dalle importancia ó diseño visual da túa páxina.


Cada vez o diseño do Facebook é mais visual, e podes persoalizar visualmente a páxina do teu estabelecemento hoteleiro ou aloxamento Rural.
A foto de portada :
Debe vender teu negocio, cicais amosando as instalacións, convencións ou lugares lindos da contorna.As usuarias prestan especial atención os contidos visuais. Podes trocala con determiñada frecuencia, como sempre sin aburrir. 
Traballa túa imaxe do Perfil.
Debe identificarte como marca.
Esta é a imaxe que acompañará os comentarios e as publicacións que fagas.

Persoaliza as Pestanas de Favoritos:

 

Podes aproveitar para por un mapa de como chegar, un enlace ó tempo na túa vila, un formulario de contacto, e incluso un motor de reservas traballando para ti as 24 horas.

aprendermos, casas rurais, hoteis, manolofreiria, marketing para hoteis en Facebook, redes sociais, reservas en liña,
A Portada do Hotel de Probas para este Post.


Esmerate coas imaxes na cronoloxía:


Si dirixes un Hotel ou Aloxamento Rural, tira fotos atractivas da túa cidade, do estabelecemento, dos productos ben presentados, de acontecementos lúdicos ou culturais da contorna. Estas imaxes servirán como valioso contido que compartir, e que seguro será valorado polas túas seguidoras.

Compre evitar falar de un mesmo permanentemente.


Unha boa idea para os Hoteis e Aloxamentos Rurais é adicar espazos a informacións externas que poidan ser interesantes para a súa audiencia, como poden ser novedades do sector, actividades de ocio, culturais ou de negocios da contorna, e incluso partillar contidos interesantes que publique a competencia. Isto daralle credibilidade ó noso perfil.

Contesta ós comentarios, a todos.
aprendermos, casas rurais, hoteis, manolofreiria, marketing para hoteis en Facebook, redes sociais, reservas en liña, xestión hoteis
Este Hotel non responde ás críticas na súa Fan Page.


E faino  con rapidez. Nunca se pode deixar un comentario na nosa páxina de Facebook sin resposta, e ademais compre procurar que a resposta non demore mais dos 30 minutos  posteriores á publicación.
Unha vez inmersos no mundo das Redes Sociais non se debe intentar controlar os comentarios negativos que poidan publicar as usuarias nas páxinas do Facebook. Ainda que a intención de facelo sexa grande, o que se debe facer é xestionar esas críticas e transformalas en algo positivo. A propias críticas faranche ver puntos febles da túa organización  e resultarán un forte motor de cambio que axudenche a enfocar as melloras do servizo.

Aproveita as posibilidades das fotografías que nos ofrece Facebook.


 As fotografías poden amosar un adianto do que está por chegar, do que vaise poder disfrutar cando se chegue a destino.
Estas deben ser de calidade suficiente como para que se poidan ampliar, e poden amosar tanto as instalacións do Hotel como lugares idílicos ou interesantes da  contorna ou acontecementos festivos.
Non deben faltar (sin aturdir) imaxes. logotipos, ou eslogans que identifiquen nosa marca visualmente de forma inmediata.
Non esquezas crear álbunes temáticos dentro da Fan Page.

Pide ás usuarias da túa páxina de Facebook que interactuen.


 Pidelles que publiquen fotos da súa estadía, que partillen as fotos que ti subas, que fagan comentarios. Este é un bo sistema de xerar conversacións.

aprendermos, casas rurais, hoteis, manolofreiria, marketing para hoteis en Facebook, redes sociais, reservas en liña,
Sorteo na Fan Page de un Hotel Catalonia

Aproveita as ferramentas de Promocións e Concursos do Facebook.


Aproveitando as tempadas baixas poderás facer unha notable difusión do teu Hotel a cambio de un tempo de estadía, un xantar, ou uns cócteles.
Podes incluso aproveita para facer concursos de fotografía arredor do teu sitio. 

Utiliza os Eventos de Facebook para promocionar teu estabelecemento.


A ferramenta Eventos do Facebook permite chegar ó público en función de determiñadas características de segmentación e faise moi doados de partillar e polo tanto de viralizar si das coa presentación adecuada e suficientemente atractiva.
Como valor engadido cabe mencionar ó extra de comunicación que supón a difusión dos posts na páxina evento ante as persoas que "asistirán".

E teu Hotel ¿Ten xa Páxina no Facebook ? ¿Crees que o Facebook é unha plataforma adecuada para potenciar os estabelecementos de turismo?

Comenta qué che pareceu este post, e si gostache del, partillao.

Si non tes tempo ou necesitas axuda para posicionar teu estabelecemento nas Redes Sociais podes contactarme. Si ti gañas, eu gaño.




Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Facebook Básico para Hoteis,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post,  ou no grupo Aula virtual de  Redes Sociais  de "Aprendermos" no Facebook , no  grupo "Aprendermos" do Linkedin,  no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.



Webgrafía:

Decálogo de Facebook y Twitter para Redes Sociales.
Juan Merodio

Manual de Marketing on Line para hoteles y alojamientos rurales.
Alojamientos Conectados. Ministerio de Turismo.


Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...