xoves, 21 de novembro de 2013

Un Formulario de Contacto na Tua Fan Page: Vcita

VCita e unha  aplicación útil para xestionar contactos e citas, dispoñible en Internet e que se pode integrar na nosa Fan Page de Facebook.

Lembrando que non estamos nas redes sociais para xogar, senon para ter un contacto mais achegado coas nosas socias e clientas, e tendo en conta que non nos ven nada mal ter os datos de contacto coas nosas clientas, imos facilitar as usuarias de nosa páxina que se poñan en contacto con nos.

O que facemosé mellorar as posibilidades de comunicación que nos ofrece á páxina por medio do formulario contacto, se é que o deixamos activado, pois cando gardemos os enderezos de correos das persoas na nosa conta de Gmail, poderemos engadir observacións, e tamén asocialos a determiñados grupos de interese.


Exercicio proposto para este post:

.- Crea unha conta en Vcita.
.- Edita o formulario e traduceo ó galego.
.- Inclue o campo número de teléfono.
.- Incrusta a pestana na tua páxina do Facebook.

Mentras agardas a que cheguen as primeiras respostas...
.- prepara unha lista de correos no teu  GMail co nome de contactos de Facebook.

Cando teñas a pestana instalada, postea o enderezo da tua páxina na aula virtual para que poidas meternos na tua lista.
 


Licencia Creative Commons Un formulario de Contacto na tua Fan Page: Vcita, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue:

Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...