sábado, 16 de novembro de 2013

Ferramentas para perfiles de Facebook

placebookFoto Funky

As fotos das tuas amigas en un collaxe.(Fotocollage)

Placebook: Tuas amigas no mapa.

O éxito actual do Facebook, e mais a sua interface aberta mediante o seu sistema "Open Graph", permite que medren arredor sua servizos complementarios que non están de todo cubertos pola aplicación.

Placebook é un sitio web que proporciona datos estatísticos por paises sobre a poboación de Facebook e permite amosar a ubicación dos teus contactos no mapa.

O accederen á tua conta no Facebook dende o Placebook, obtés un mapa persoalizado coa distribución xeográfica dos amigos e tamén a infografías sobre os lugares de residencia das tuas amizades, así como a distancia en kilómetros que te separa deles e as conexións que teñen entre si os teus contactos.
Existe tamén unha pestana con estatísticas do Facebook por Estados, edades, penetración etc.

Interesante aplicación par observar ata onde chegan as nosas menxases e poder situarnos mellor xeográficamente.

Wolfram Alpha para Perfís de Facebook

Wolfram Alpha é un motor computacional en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos; non en páxinas web ou documentos ligados.

As posibilidades de Wolfram Alpha son moi amplias (funcionalidades do Wolfram Alpha), pero para o presente post imos mirar somente as posibilidades de analise que ten para interesarte pola información da tua rede social.

Si desexas empregar esta funcionalidade, vai a páxina de Wolfram Alpha para analíticas do Facebook, rexistrate, logueate e procede a realizar a tua analítica.


infografia wolfram

¿Coñeces  outras ferramentas para xestionar ou analisar os Perfís Persoais do Facebook? 

Dinos cales usas. 

Podes acceder agora ás "estatísticas persoais para Facebook" e xa dirás que che parece e cales son as partes que mais che gustaron.
 
Escribenolo no espazo dos comentarios ou no grupo de Facebook "Aprendermos Facebook".

 
Licencia Creative Commons
Ferramentas para perfiles de facebook Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Ferramentas usadas para crear este blogue: 

Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...