luns, 25 de novembro de 2013

8 ferramentas para montar unha tenda no Facebook

tenda on line, tenda facebook

8 Ferramentas para montar unha tenda no Facebook

Existen diversas posibilidades para integrar unha tenda na Fan Page do teu Facebook.

Neste artigo amosoche unhas poucas, ainda que probei nada mais que as que teñen algunha opción de balde. (non as que teñen periodo de proba).


Nome: Beetailer.
Coste: Desde cero a 300 €/mes.
Comentarios:
Bee Tailer funciona integrando tendas de comercio electrónico coa páxina do Facebook.


beetailer, tendas no facebook

Nome: Blomming.
Coste: Gratis hasta ventas de 200€/mes. Existe a posibilidad de pagar a comisión (4% das vendas) ou plans a partires de 13€/mes.
Comentarios: O proceso de rexistro faise directamente co Facebook.
A tenda (ou a parte do catálogo que desexes) pode empotrarse nunha páxina web ou blogue.

Ofrecen a posibilidade de que outras persoas vendan teus productos a cambio de unha comisión para os vendedores, chamados blommers.
Formas de Pago: Acepta Tarxeta, Paypal e os métodos tradicionais.

tenda en internet, blomming
Menú de Xestión de Blomming
Nome: CM Commerce.
Coste: Dende cero euros ata mais de 250€/ano.
Comentario: A versión gratuita permite ata sete productos na tenda.
Como pasarelas de pago utiliza Pay Pal, Dinero Mail, e MercadoPago.
A tenda funciona 100% en Facebook.

CM Commerce, tenda no facebook


Un exemplo: A Tenda de Proba de CM Commerce na Fan Page de "Aprendermos".A captura de abaixo, corresponde co aspecto da tenda de Proba.

tenda on line, cmcommerce



Nome: EcWid. Para integrar a tenda na tua páxina do Facebook, vai a este enderezo.
Coste: Dende cero ata 80$ US/mes
Comentarios:
Non ten unha interface especialmente intuitiva.
Ten integrados diversos xeitos de envío -primeiras marcas en mensaxería-.
O rexistro podese realizar dende outras contas, como a de Gmail, Facebook ou Paypal.
Na versión gratuita permite duas categorías e ata 10 productos.


Tenda Facebook, ECWid
Captura das Categorías na tenda de Exemplo EC Wid.

Nome: Palbin.
Coste: A partir de 20 €/mes
Comentario: Dende 200 productos con  unha foto ata 4000 con catro imaxes. Fan desconto por pago anual ou tremestral.
Crea unha tenda on line e esta reflexase na páxina do Facebook.
Permite configurar un coste diferente según zoa de envio.
Medios de Pago: PayPal, Tarxeta -algunhas- e off line.

Un exemplo: Non hai exemplos accesibles.


Nome: TiendaNube.
Coste: A Partir de 50 € o mes.
Un exemplo:

tiendanube, tendas en facebook

Nome: Tiendy.
Coste: Dende 10 ata 45 €/mes. Ata 5000 artigos.
Comentario:
A plataforma acepta Tarxeta, Pay Pal,  Pade Mobil (Pago desde teléfono móbil), transferencia, reembolso etc.
Fotos
Un exemplo:


Nome: Vending Box.
Coste: A partir de 15 € ó mes.
Comentarios:
Permite vendas a comisión (Outras usuarias)
Un exemplo: Skina Carroça.

Como exercicio para a superación de esta parte do taller, proponse:
Escoller unha das plataformas para creación de tendas, e integraa nunha pestana da tua Fan Page.
Comentanos as dificultades ou posibilidades que atopas, ben na zoa de comentarios do post ou no taboeiro da "Aula Virtual de Aprendermos".
Agasallanos con un enlace no grupo de Aprendermos !!!
Non te esquezas de probar todas as ferramentas que che ofrecen as plataformas para dinamizar ou chegar a mais persoas.

 
Licencia Creative Commons O punto de venda na tua Fan Page por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: 
Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...