luns, 28 de outubro de 2013

Aprendermos.Introducción.

¿Por qué aprendermos?
... sobre todo porque aprender é un verbo que implica a acción, polo que ten de facelo nos, e polo que implica de futuro.
"Aprendermos" é un camiño constante, ben sexa en esta ou calisquera outra materia; e é un camiño con cancela; unha cancela da cal ti tes a chave.

aprendermos

Cuestións Previas:

Naturalmente, eu son un convencido do Marketing on line. Creo que chegou para quedarse e que supón unha democratización inmensa no mercado do Marketing. As posibilidades que as redes sociais ofrecen ás pequenas organizacións, as colocan a altura da grandes empresas, e con un costo económico relativamente baixo.

Antes de mergullarte en calqueira dos programas da serie "Aprendermos", moitos deles están ainda as voltas na miña testa, debes previamente facerte un plan: Definir os obxectivos básicos das accións que pretendes emprender, e un plan cronogramado que te de a visión de como avanzas e de que tal o estás facendo.

Definición dos Obxectivos:

.- ¿Que beneficio esperas atopar integrando tua "empresa" nas Redes Sociais?
.- ¿Que partes non entendes dos procedementos?
.- ¿A quén queres chegar?

Definición do Plan:

.- ¿Con quen podes contar como colaboradoras?
.- ¿Qué accións vou a tomar?
.- ¿Cómo fan as outras?
.- ¿Cando sentireime satisfeita cos resultados?
.- ¿Qué vou a medir para valorar a eficacia das accións?

Equipa de Traballo necesaria:
Necesitarás un terminal, con preferencia tablet ou PC, con conexión a internet e un navegador web gráfico.

¿Ocurrenseche a ti outras preguntas que facerte antes de iniciar o proceso? 

Deixanos tuas respostas no apartado de comentarios, ou no grupo   Aprendermos Facebook, (no Facebook, claro. )
 

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...